“Troco horario cando chega a flor emblemática de Galicia: a camelia” – Antón Luaces

29 Marzo 2026

Pode ser que para moitos cidadáns o troco horario experimentado ás dúas da mencida deste domingo (cando oficialmente xa eran as tres) signifique un sacrificio. Para moitos outros non ten maior importancia porque todo é cuestión de se adaptar a ese cambio que significa unha hora de desconto no noso ritmo circadiano.

É certo que o troco xa fixo que perderamos unha hora de sono neste domingo, máis en dous ou tres días o corpo vai readaptarse a tal circunstancia e, un ano máis, estaremos a debater sobre os beneficios ou prexuízos que na vida de cada quen ocasiona a decisión do troco en boa parte dos países da terra.  Porque non todos mudan: case toda Asia, África e grande parte de América Latina manteñen a hora; pero España, Portugal e o Reino Unido -que están practicamente na mesma lonxitude xeográfica e teoricamente deberían compartir fuso horario- adiantan unha hora en verán, que é o que lles corresponde desde vai 52 anos. É dicir: ás dúas da mañá cumpríronse as tres na Península e á unha déronse as dúas badaladas.  O que quer dicir que, a partirmos de agora, comezará o amencer e o anoitecer cada vez máis tarde.

Beneficio ou non?. Cada quen que se aplique o conto porque non todos temos a mesma resposta.

Quen si semella tela é a camelia, a emblemática flor de Galicia que, traída orixinariamente de Xapón,  florece principalmente nos meses de inverno e comezos da primavera, nomeadamente entre xaneiro e marzo, endebén as variedades máis temperás poden abrirse en outubro ou novembro. A verdade é que as camelias brancas, rosas e roxas (as máis apreciadas en Galicia) salientan a súa beleza entre xaneiro e mediados de marzo, cando o frío máis lles afecta, de xeito evidente nas Rías Baixas. Porque a camelia é un símbolo do inverno atlántico que,, en Galicia, non é unha planta ornamental, senón un símbolo do inverno que é quen de encher de cor xardíns, pazos e paseos urbanos, xusto cando outras árbores dormen.    

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.