Rois aproba un orzamento de 5,6 millóns que reserva 3,5 para pagar bens correntes e servizos

27 Marzo 2026

O pleno da Corporación de Rois aprobou este venres 27 de marzo o Orzamento para o presente exercicio, que se eleva ata os 5,6 millóns de euros, dos cales 3,5 destinaranse a sufragar os bens correntes e os servizos que dende o Concello se presta á cidadanía.

Na sesión tamén foi aprobada a sinatura do convenio con SOGAMA para que Rois mande á planta de Cerceda o lixo doméstico, ademais de actualizar o prezo público para acudir á Piscina Municipal de Senra.

Rois contará este ano co orzamento máis elevado da súa historia, ao superar as contas aprobadas o ano pasado nuns 200.000 euros, para chegar neste exercicio aos 5.624.596 euros. No apartado de gastos, redúcense os de persoal nun 1% ata os 1,22 millóns de euros. A partida máis importante é a de gastos en bens correntes e servizos, para facer fronte a todos os servizos que o Concello lle presta á cidadanía. Esta partida incrementase nun 5,95% respecto ao exercicio anterior debido fundamentalmente á creación dunha partida para o mantemento de vías e parques municipais, a pesar da minoración do custo do servizo de recollida do lixo.

Ao capítulo de investimentos reais destínanse 473.642 euros e outros 49.960 a transferencias correntes coa contribución municipal para o financiamento da mellora do saneamento de Sorribas. A partida de transferencias correntes (187.200 €) estará dedicada ao mantemento de atencións benéfico asistencias, becas, cultura e deportes.

No apartado de ingresos, as transferencias correntes procedentes doutras administracións increméntase nun 6,38%, ata os 3.089.577 euros, pola maior previsión de ingresos do Estado e ás axudas da Xunta para financiar programas sociais, sobre todo o servizo de axuda no fogar.

Os impostos directos e indirectos mantéñense na mesma contía que o ano anterior (997.000 e 620.000 euros respectivamente). As taxas e outros ingresos (555.300 €) e as transferencias de capital (362.518 €) completan o capítulo de ingresos.

Durante o debate, o alcalde, Ramón Tojo, destacou o incremento do orzamento, mentres que a oposición considerou que as contas non son realistas.

O orzamento aprobouse cos votos a favor do goberno do PP (6) e o voto en contra de PSdeG (2) e BNG (1)

Convenio con SOGAMA

Rois tamén aprobou asinar o convenio coa Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) para o tratamento do lixo doméstico. O alcalde explicou que tras rexeitar converterse en socio da Mancomunidade Serra do Barbanza, este concedeulle ata o 31 de marzo para buscar un sistema alternativo de tratamento de lixo, polo que o goberno municipal optou por adherirse ao sistema promovido pola Xunta de Galicia en Cerceda a través de SOGAMA.

Ramón Tojo explicou que o Concello “vai aforrar cartos coa sinatura deste convenio” e adiantou que se está a traballar para sacar a licitación o servizo de recollida de lixo no municipio para envialo despois a SOGAMA. Dende a oposición tanto PSdeG como BNG amosáronse partidarios dun sistema que aposte pola reciclaxe.

O convenio aprobouse co votos a favor de PP (6), a abstención do PSdeG (2) e o voto en contra do BNG (1).

Ademais de aprobar a conta xeral correspondente ao exercicio 2024 do Concello de Rois, o pleno tamén acordou modificar o prezo público para acudir a piscina descuberta municipal de Senra durante o verán.

Os novos prezos establecen as seguintes tarifas: Acceso gratuíto para menores de 4 anos; 1 euro por día ou 12 euros toda a campaña de verán para menores de 5 a 17 anos; e de 2 €/día ou 25 €/verán para maiores de 18 anos. Ademais, contémplase un carné familiar cun custo de 37 euros para toda a campaña de verán.

A estas tarifas poderá aplicárselle desconto dun 15% no caso dos carnés para toda a campaña de verán no caso de familias numerosas, monoparentais ou con algún membro con discapacidade superior ao 33%.

A modificación destes prezos aprobouse co voto a favor de PP (6) e PSdeG (2) e coa abstención do BNG (1).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...