O Goberno de Noia licita o Servizo de Atención no Fogar por 1,8 millóns de euros

28 Marzo 2026

O Goberno municipal de Noia vén de sacar adiante a licitación do Servizo de Atención no Fogar (SAF), aprobada na sesión plenaria celebrada o xoves 26 de maio, cun orzamento de 1,8 millóns de euros. O contrato terá unha duración dun ano, prorrogable por un ano máis.

O tenente de alcalde, Manolo Seijas, explicou que “este proceso chega tras un período de sete meses de traballo desde a entrada do actual Goberno municipal”. Neste sentido, lembrou que cando accederon ao Executivo no mes de agosto “o contrato atopábase xa caducado”.

“Fixemos todo o posíbel para que haxa un bo prego”, sinalou Seijas, quen tamén destacou que o Concello cumpriu co compromiso adquirido coas traballadoras do servizo, garantindo estabilidade e continuidade.

Pola súa banda, a concelleira Sandra González anunciou que durante este ano incrementarase o SAF en 1.800 horas adicionais, o que permitirá atender a máis persoas en situación de dependencia.

González puxo en valor que se trata dun servizo esencial e necesario para a cidadanía, especialmente para as persoas máis vulnerables, e reafirmou o compromiso do goberno local coa súa mellora continua. Ademais, avanzou que antes de que remate o mandato se realizará un estudo para avaliar a posible municipalización do servizo.

“É o noso compromiso”, concluíu.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.