O Concello de Ribeira renova a pavimentación da rúa Castelao, en Aguiño

11 Marzo 2026

A rúa Castelao, en Aguiño, verá renovado o seu firme en vindeiras datas. O Concello de Ribeira continúa co seu compromiso de traballar na mellora das súas infraestruturas, poñendo desta vez o foco nunha das estradas que, segundo indicou, rexistra maior densidade de circulación na referida parroquia ribeirense.

Nesta semana iniciáronse as obras que supoñen intervir en aproximadamente un quilómetro de lonxitude a través do fresado do pavimento existente, a preparación da superficie, a extensión do novo aglomerado, a adecuación das tapas de rexistro á nova rasante e a pintura viaria.

Os edís Vicente Mariño, Ana Barreiro e Fernando Abraldes desprazáronse hoxe ata o lugar para comprobar o arranque da intervención.

A empresa Canarga, S.L. é a adxudicataria desta actuación por un importe de 140.145 euros, IVE incluído, con cargo ao POS+2024.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.