O Concello de Muros realiza traballos de mantemento en Ventín

31 Marzo 2026

O Concello de Muros continuou estes días avanzando co plan de mantemento das zonas verdes, actuando nesta ocasión na área recreativa de Ventín.

Dende a Concellería de Obras e Servizos, dirixida pola concelleira Laura Rivadeneira, leváronse a cabo nestes días tarefas de roza, limpeza e acondicionamento neste espazo, que inclúe o parque infantil, as pistas polideportivas, as zonas de aparcamento e os accesos á praia. Neste caso, estes traballos foron realizados por empresas externas.

A alcaldesa, María Lago, explica que “o obxectivo destas actuacións é mellorar o estado xeral da área e garantir que a veciñanza e visitantes poidan desfrutar dun entorno coidado, cómodo e seguro, especialmente nestas datas nas que aumenta o seu uso. Ademais, cómpre lembrar que o Pleno da corporación aprobou recentemente un proxecto de substitución do parque infantil, que permitirá renovar por completo as instalacións e dotar este espazo dun novo equipamento”.

Estas intervencións forman parte do traballo continuo que se está a desenvolver en distintos puntos do concello, dando resposta ás necesidades de mantemento tras os meses de inverno.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.