Nova edición en Rianxo do programa formativo da USC para persoas maiores

31 Marzo 2026

O Concello de Rianxo acolle unha nova edición da iniciativa de formación e divulgación Camiños de Coñecemento e experiencia”, programa de formación universitaria da USC (IV Ciclo) dirixido a persoas maiores de 50 anos, con sesións divulgativas impartidas por profesorado dos campus composteláns. O programa desenvolverase en 6 sesións durante o mes de abril e porá o foco nas novas ferramentas e dispositivos (como tirarlles un proveito positivo), na radiación e na paisaxe galega de montaña.

En concreto, nesta edición abordaranse as seguintes temáticas:

-O uso do móbil, sácalle partido.

-Entendendo a radiación: física nuclear para a saúde.

-A paisaxe da montaña galega. Os noso máis altos cumios, e outros máis pequenos.

Quen precise máis información pode consultala ao detalle na web municipal do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.