A Corporación Municipal de Boiro, formada por todos os grupos locais con representación no Concello, uniuse este mércores 28 de outubro á veciñanza para homenaxear ás vítimas do grave e tráfico accidente ferroviario de Urda. Xuntos gardaron un minuto de silencio ás porta da Casa Consistorial de Boiro en apoio ás vítimas e solidariedade coas persoas afectadas polo accidente ferroviario en Toledo.
Uníronse deste xeito a milleiros de cargos públicos e veciños de concellos de toda España na concentración convocada pola FEMP para gardar un minuto de silencio en solidariedade coas vítimas do tráxico accidente ferroviario de Urda (Toledo).
O obxectivo foi amosar o respecto, a dor e o apoio de todo o municipalismo español cara ás persoas falecidas, feridas e as súas familias.




