Mar intensifica as mostras nos bancos marisqueiros afectados polos temporais

02 Marzo 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, supervisou este luns 2 de marzo os traballos de avaliación e mostraxe que se están a desenvolver no banco marisqueiro Vía Sur e Vía Norte, un dos máis afectados polos recentes temporais que impactaron no litoral galego, e que se enmarcan no Plan de actuación ante eventos de baixa salinidade, estruturado en fases técnicas e obxectivas, deseñado polo Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), dependente do departamento que dirixe Villaverde, e actualizado o pasado mes de febreiro.

Trátase, en palabras da Consellería, “dun procedemento rigoroso, contrastado e baseado en datos científicos, de carácter previo, pero que é indispensábel para garantir decisións xustificadas”. Engadiu Villaverde que “os datos recadados permitirán determinar con precisión o grao de afección e adoptar, se fose necesario, medidas específicas de apoio ao sector, como poden ser os ceses de actividade por causa de forza maior, determinar a duración dos peches e fundamentar outras accións, tanto de carácter administrativo como económico no caso de que os informes así o estimen conveniente”.

Os traballos son realizados polas asistencias técnicas da confrarías, en coordinación coa Consellería, empregando para iso a ferramenta tecnolóxica ARouSA. Este sistema determinará os índices de mortalidade severa (maior ou igual ao 50 % do berberecho e/ou ameixa babosa existente), e maior ou igual ao 15 % en ameixa fina ou xaponesa) e moderada (valores inferiores aos anteriores, pero con impacto relevante no banco).

Neste contexto, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, tamén supervisou os traballos de mostraxe que se están a desenvolver no banco marisqueiro de Croa, no ámbito da confraría de Pontedeume. Un labor que se repetiu ao longo desta xornada e nos vindeiros días noutros bancos marisqueiros das provincias da Coruña e Pontevedra, incluíndo zonas das rías de Arousa, Vigo, Pontevedra, Ares, Betanzos, Ferrol e O Burgo.

Este traballo continuado prolongarase durante as próximas semanas co obxectivo de dispoñer dunha visión global, precisa e comparada da afección nos distintos puntos do litoral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.