Evacúan en helicóptero un home que sufriu un atropelo no Grove

18 Marzo 2026

A aeronave medicalizada de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladouno ao Hospital de Santiago.

Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia deste accidente ao fío das 16:30 horas: un coche acababa de atropelar un peón na avenida de Portugal (O Grove). O propio alertador informaba da posibilidade de que o implicado estivese inconsciente.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción dos servizos sanitarios, do Servizo Municipal de Emerxencias e da Policía Local do Grove. Finalmente, o ferido foi atendido no lugar e trasladado no helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Outros artigos

A ABE lanza a campaña Black Friday Local: Grazas por estar aí

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha hoxe luns, 23 de novembro, a campaña Black Friday Local – Grazas por estar aí, unha iniciativa coa que se quere aproveitar esta semana para "agradecer a confianza das persoas que apoian as empresas de Boiro" e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.