En Muros (este xoves), a mocidade toma a palabra da man da Deputación

25 Marzo 2026

A Deputación da Coruña celebrará este xoves 26 de marzo en Muros, a segunda xornada técnica da Rede Cultural, centrada na análise e mellora das políticas culturais públicas, cun enfoque específico no papel da mocidade. O encontro, que terá lugar no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil da localidade entre as 16:30 e as 20:30 horas, contará coa participación da deputada de Cultura, Natividade González.

Presentación do foro coa deputada Natividade González e a alcaldesa María Lago

Esta sesión forma parte das xornadas técnicas que a institución provincial promove para favorecer a reflexión colectiva e a mellora continua dun servizo público que chega aos 93 concellos da provincia e mobiliza arredor de dous millóns e medio de euros, abranguendo ámbitos como o musical, escénico, audiovisual ou a dinamización da lingua galega.

Baixo o título A mocidade e as artes, o foro abordará un dos retos actuais da xestión cultural: a conexión coa xente nova e a súa participación activa na vida cultural. A xornada propón repensar os modelos tradicionais de programación para avanzar cara a fórmulas máis participativas, que incorporen a voz da mocidade non só como público senón tamén como axente protagonista na creación e toma de decisións.

Neste sentido, a deputada de Cultura, Natividade González, subliña que estas xornadas “son moito máis que un encontro puntual”, xa que funcionan como espazos de traballo “moi pegados á realidade, cun carácter práctico, pero tamén reflexivo”, orientados a “mellorar a calidade do servizo cultural público que ofrecemos á cidadanía”.

O encontro desenvolverase cun formato participativo e dinámico, conducido por Carlota Mosquera, que simulará un Consello da Mocidade no que estarán representados distintos ámbitos da cultura e do tecido social. Nesta dinámica darase voz a persoas mozas, profesionais da xestión cultural, representantes asociativos e outros axentes implicados, co obxectivo de compartir experiencias, detectar necesidades e formular propostas de mellora.

A iniciativa pretende fortalecer a colaboración entre os distintos sectores que forman parte da Rede Cultural —persoal técnico, compañías e artistas, e públicos—, promovendo unha cultura máis accesíbel, inclusiva e conectada coa realidade social. Ademais, pretende avanzar na creación de espazos de participación estábeis para a mocidade, como posíbeis consellos municipais, que contribúan a canalizar as súas inquedanzas e propostas no ámbito cultural.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.