Comezaron en Noia as andainas saudábeis do Programa Actívate

20 Marzo 2026

Esta semana arrincou con éxito o Programa Actívate de Noia, iniciativa de actividades saudábeis ao aire libre impulsada polo Concello (Área de Deportes). Arrincou este martes dende Abruñeiras a primeira das andainas saudábeis incluídas no programa, sendo todo un éxito ao xuntar a un nutrido grupo de persoas con ganas de camiñar, compartir e desfrutar do entorno do concello.

Estas andainas, pensadas especialmente para persoas que se están a iniciar ou para persoas maiores, teñen percorridos accesíbeis e doados que non superan os 5 km, favorecendo unha actividade segura e adaptada a todos os niveis. Celebraranse todos os martes, achegando en palabras da organización “unha oportunidade perfecta para saír a camiñar, facer actividade física e compartir un bo rato ao aire libre”.

As inscricións realízanse no Concello de Noia, presencialmente ou chamando ao 981 84 21 00.

A seguinte andaina será a vindeira semana, con saída na porta do Concello ás 10.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.