Alumado de secundaria de Ribeira asistiu a unha charla divulgativa sobre as enfermidades consideradas raras

13 Marzo 2026

Uns 120 estudantes de 3º e 4º da ESO e 1o de Bacharelato de Ribeira tiveron oportunidade (este venres 13 de marzo) de coñecer a importancia da investigación para o diagnóstico e posíbel curación das enfermidades, especialmente, daquelas consideradas raras. A xornada divulgativa desenvolveuse na sala polivalente do novo Auditorio municipal organizada por Art for Dent, coa colaboración das Concellerías de Educación e Deportes, como actividade complementaria da andaina Un raio de luz que será o 21 de marzo.

A concelleira de Educación, Nucha Brión, e o edil de Deportes, Álex Vidal, tamén se achegaron ata a instalación municipal cultural para escoitar aos investigadores Pablo Pedrosa, doutor en Bioloxía, e Marta Vecino, biomédica, que incidiron nos avances médicos e na importancia de poñer o foco tamén naquelas doenzas que padecen un menor número da poboación.

A este respecto, a concelleira Nucha Brión fixo fincapé en que esta proposta “pon o coñecemento científico ao servizo directo da cidadanía, neste caso, orientado á mocidade”. Agradeceu tamén a iniciativa de Art for Dent para achegar información sobre as enfermidades raras e involucrar á comunidade educativa.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.