A Xunta defende que a autorización para captar mexilla en Noia responde á tramitación ordinaria

03 Marzo 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, explicou este martes que a autorización para colocar dispositivos de captación de mexilla no polígono de Noia responde a unha tramitación ordinaria, enmarcada na normativa vixente de xestión da acuicultura en Galicia.

Segundo indicou, mentres non existan cambios normativos que modifiquen as tipoloxías de concesión ou o procedemento administrativo, a Administración ten a obriga de cursar calquera solicitude de concesión experimental, con independencia do resultado final da mesma. Neste proceso, subliñou, aplícase un criterio científico-técnico rigoroso que xustifique a necesidade de realizar probas ou experimentos dos que se poidan extraer resultados de relevancia e posible aplicación futura para o sector.

Rosón tamén sinalou que, por deber de confidencialidade e protección de datos, os proxectos de iniciativa privada non poden ser elevados a órganos consultivos cando a normativa non o contempla expresamente. Advertiu de que facelo podería poñer en risco o segredo industrial ou tecnolóxico das persoas promotoras.

Activación da Comisión do Mexillón

No mesmo contexto, o director xeral puxo en valor o papel da Comisión do Mexillón como órgano de “moi alto valor” para a Consellería do Mar. A intención da Xunta é activala, como mínimo, nas catro convocatorias ordinarias anuais previstas, ademais das reunións extraordinarias que sexan necesarias cando respondan a demandas sectoriais ou sexan solicitadas polo número mínimo de integrantes requirido polo seu regulamento.

O obxectivo, segundo explicou, é garantir que os asuntos tratados respondan ao interese xeral do sector e non a peticións individuais. Neste sentido, avanzou que a Comisión será convocada ao longo deste mes para presentar propostas orientadas a mellorar a eficiencia do sistema, unha medida que —afirmou— evidencia “o firme compromiso da Xunta co diálogo sectorial”.

Outros artigos

O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega. Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o...

+

A Deputación e a AECC crean unha Rede de Concellos Contra o Cancro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Javier Álvarez Barbeito, asinaron un convenio de colaboración para impulsar a Rede de Concellos Contra o Cancro da provincia da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.