A Deputación da Coruña ratifica o seu apoio ao Culturgal

10 Marzo 2026

A Deputación da Coruña asinou un convenio coa Asociación Culturgal para colaborar no financiamento económico da última edición do evento. A deputada de Cultura, Natividade González, salienta que, con este acto, a institución ratifica o seu “compromiso” coa maior feira cultural do país.

Mediante este convenio, a Deputación da Coruña achegará 48.000 para contribuír a sufragar os gastos do Culturgal 2025. Pola institución provincial puxo a súa sinatura Natividade González, mentres que a Asociación Culturgal estivo representada por Víctor López.

Para Natividade González, Culturgal é un “espazo fundamental de encontro entre creadoras, profesionais da cultura e público”, sinalou a deputada. Cómpre lembrar que nesta última edición visitaron a feira máis de 16.000 persoas.

Neste sentido, remarcou que para a Deputación “é prioritario apoiar iniciativas que fomenten a creación, a difusión cultural e o acceso da cidadanía á cultura”. E engadiu: “Culturgal é un exemplo de cooperación entre institucións e sector cultural que contribúe a dinamizar a nosa cultura e a proxectala cara ao futuro”.

“Este convenio permite seguir fortalecendo un proxecto colectivo que visibiliza a diversidade e a riqueza da cultura galega, ao tempo que impulsa a industria cultural e creativa do noso país”, concluíu a deputada de Cultura.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.