A Deputación contribúe á mellora do local social e do espazo veciñal de San Campio, en Outes

16 Marzo 2026

A Deputación da Coruña apoiou cunha achega de 5.096 euros o proxecto impulsado pola Asociación Veciñal San Campio para mellorar e poñer en valor o espazo recreativo veciñal e o local social situado na contorna do cemiterio civil parroquial de Santo Ourente, no concello de Outes.

A deputada de Medio Rural, Cristina Capelán, e a deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís, Sol Agra, visitaron as instalacións para coñecer de primeira man as actuacións realizadas e comprobar as melloras executadas, acompañada por representantes da entidade veciñal.

Durante a visita, Capelán destacou a importancia de apoiar iniciativas que contribúen a fortalecer a vida comunitaria nas parroquias rurais. “Actuacións como esta permiten conservar e mellorar espazos que son fundamentais para a convivencia da veciñanza, ao tempo que reforzan o tecido social do rural”, sinalou

Sol Agra subliñou tamén o papel esencial do asociacionismo veciñal na dinamización do territorio. “O traballo das asociacións é clave para manter vivos os espazos comunitarios e para impulsar actividades que favorecen a participación e a cohesión social nas parroquias”, afirmou.

O proxecto permitiu acondicionar e reparar o edificio que funciona como local social, no que se celebran reunións veciñais e actividades culturais, así como realizar melloras nos accesos e traballos de mantemento na contorna do recinto. “Estas actuacións contribúen a consolidar este espazo como un punto de encontro para a veciñanza e como un lugar de referencia para a vida social da parroquia”, sinalaron.

A Asociación Veciñal San Campio leva máis de 25 anos promovendo a participación cidadá e a actividade social en Santo Ourente, organizando iniciativas culturais e sociais que contribúen a dinamizar a vida da parroquia. O local social e o espazo recreativo constitúen hoxe un dos principais puntos de encontro da veciñanza e un elemento clave para manter viva a actividade da contorna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.