A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá o 19 de abril o espectáculo musical “Abril”

12 Marzo 2026

A Casa da Cultura de Porto do son acollerá o xoves 19 de abril (ás 19:00 horas) o espectáculo Abril, incluído na rede cultural da Deputación da Coruña.

Claudia Abril (voz e percusións) e Marina Carpente (violín e voz) integran este proxecto no que melodías tradicionais galegas e ibéricas son adaptadas a sonoridades actuais con certa intimidade, personalidade e frescura.

Abril é unha proposta de folk contemporáneo na que instrumentos de música tradicional como a pandeireta, o pandeiro ou o violín folk dan lugar a un moi coidado repertorio que contribúe a poñer en valor a música tradicional galega sen deixar de lado a modernidade.

Segundo avanzan dende a Área de Cultura sonense, “Abril é tradición renovada; sons de raíz en harmonía co presente: un microcosmos folclórico no que as identidades converxen e crean comunidade”.

Outros artigos

Mats Wenzel imponse na 63ª Clásica de Pascua

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado polos concelleiros Chus Campos e Luis Mariño, participou activamente este domingo 12 de abril na 63ª Clásica de Pascua, sendo o encargado de dar a saída oficial da proba coa tradicional corta de cinta e formando parte...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.