Xa están dispoñíbeis as entradas para asistir ao espectáculo “Os dous de sempre” de Mofa e Befa: en Noia o 28 de febreiro

19 Febreiro 2026

O Concello de Noia informou de que xa están dispoñíbeis as entradas para a representación de Os dous de sempre no Coliseo Noela. Trátase dunha proposta teatral da agrupación Mofa e Befa baseada nos personaxes creados polo rianxeiro Castelao: Pedriño e Rañolas, dous amigos inseparábeis e antagónicos (un soñador idealista fronte a un materialista conformista) nun espectáculo cheo de humor, crítica e reflexión. Xuntos representan a oposición clásica entre corpo e alma, estómago e corazón, presente en numerosas duplas da literatura e do humor universal.

Será no Teatro Coliseo Noela de Noia o 28 de febreiro ás 20.30 horas, cunha duración aproximada e 90 minutos

As entradas tamén se poden adquirir o día da función, no portelo do Teatro: de 19:30 a 20:15 h

Prezos:

Tarifa normal: 5,00 € + gastos de xestión.

Tarifa reducida (estudantes e persoas xubiladas): 4,00 € + gastos de xestión.

Trátase dunha peza teatral de Producións Teatrais Excéntricas protagonizada por Mofa e Befa, dúo integrado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, xunto a Josito Porto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.