Un grupo da UNED Sénior Coruña visita o museo das Minas de San Finx

24 Febreiro 2026

Un grupo de integrantes da UNED Sénior Coruña visitou na mañá deste martes 24 de febreiro o museo das Minas de San Finx, onde mantivo unha reunión cos seus compañeiros da UNED Sénior de Lousame.

O alcalde de Lousame, Esteban Ares, desprazouse ata o poboado mineiro para recibir aos integrantes da UNED Sénior, aos que felicitou polo seu interese en seguir enriquecendo os seus coñecementos nunha iniciativa que promove o desenvolvemento persoal e as relacións interpersoais entre persoas maiores de 55 anos.

Moitos dos presentes visitaron por primeira vez o poboado mineiro das minas de San Finx, realizando un percorrido guiado polas instalacións da man de Mayte Sobradelo, licenciada en historia e técnica municipal do Concello de Lousame. Unha visita na que coñeceron tanto a historia das minas como a súa evolución ao longo dos anos, así como o traballo realizado polo Concello de Lousame para rehabilitar e poñer en valor este patrimonio.

Así, os maiores da UNED Sénior realizaron un percorrido polos edificios que formaron parte do complexo e que se sitúan no antigo poboado mineiro. Nun privilexiado entorno natural declarado Lugar de Interese Xeolóxico, accederon aos talleres, á sala de compresores, ao cuartel vello e ao centro de interpretación, descubrindo a historia dun xacemento de volframio e casiterita desde a chegada de empresarios ingleses a finais do século XIX ata os anos 90 do XX pasando pola época de explotación da II Guerra Mundial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...