“Un accidente ferroviario, unha muleta para atacar ao Goberno” – Antón Luaces

18 Febreiro 2026

O caso é provocar. E si a escusa ten que ver ou non coa responsabilidade do partido que goberna, que sexan os electores os que decidan as culpabilidades de cada quen. No Congreso dos Deputados, os partidos da oposición cargan as responsabilidades no Goberno, nun intento de comparar este accidente e as súas consecuencias coa dana que arrasou distintas poboacións da Comunitat Valenciana.

Por outra parte, Garda Civil e Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) cadran na súa apreciación de ter atopado “marcas anómalas” non só nas rodas do tren de Iryo que descarrilou en Adamuz (Córdoba) e deixou 42 falecidos. 

Esas “marcas anómalas” foron achadas, amais, nas rodas do tren de Iryo que descarrilou, en alomenos dous convoios que circularon polo mesmo punto antes do sinistro. Un achado que reforza a tese de que o problema na vía xa existía con anterioridade ao accidente e non foi efecto directo do choque.

O ministro de Transportes, Óscar Puente, confirmou que os “bogies” dos cinco primeiros coches do tren de alta velocidade de Iryo presentan amosegas (muescas) visíbeis na rodadura, algunhas delas do tamaño dunha moeda. Rozaduras de características semellantes foron identificadas noutros trens que pasaron previamente polo quilómetro 318 da liña Madrid-Sevilla, onde se produciu o descarrilamento. Para os investigadores, este dato -que resulta clave- apunta a un defecto progresivo na infraestrutura.

A atención céntrase agora nun segmento de vía arrincado, duns 30 centimetros, onde podería terse producido o fallo dunha soldadura do carril. A Garda Civil tomou moldes das marcas atopadas nas rodas do tren de Iryo co obxectivo de as comparar de xeito milimétrico  co perfil do raíl danado. Este encaixe técnico será determinante para establecer se a rotura da vía foi  a causa directa do descarrilamento ou si este se produciu coma consecuencia do mesmo.

A primeira hipótese ten que ver co feito de que outros trens presentaron marcas semellantes antes do accidente, un defecto incipiente coma unha microfisura ou unha soldadura mal feita  que puido ir agravándose co paso repetido dos trens de alta velocidade ata acadar un punto crítico. O paso do convoio de Iryio sería, daquela, o detonante final dunha rotura xa latente.

A investigación deberá determinar se o defecto que orixinou o accidente era indetectable cos actuais métodos ou sistemas de inspección ou se existiu un fallo nos protocolos de mantemento e control. Neste último caso, poderían derivarse responsabilidades penais e patrimoniais para a entidade pública.

Outros artigos

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ónega” – Xulio Xiz

“Ónega” – Xulio Xiz

Ónega e máis eu eramos do 47. En Pol como en Vilalba o párroco emitía os certificados de boa conduta espiritual, e o alcalde e xefe local do Movimento de Afección ao Réxime, e sen eles non eras ninguén. O único local que os rapaces tiñamos para o lecer era o do Frente...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.