UCIN Boiro reclama melloras urxentes no Centro Social de Escarabote

18 Febreiro 2026

UCIN Boiro emitiu un comunicado no que denuncia o “estado crítico no que se atopa o Centro Social de Escarabote”, unha situación que é, en palabras da agrupación que dirixe Miguel Piqueras no concello boirense, “consecuencia directa da falta de mantemento e da inacción prolongada do Goberno local”. Din tamén que “a situación é coñecida desde hai anos pola Administración local” e que “as filtracións de auga fixeron que o interior do edificio sexa practicamente inservíbel, con pozas no chan e recipientes repartidos para conter a auga que cae do teito”.

E engaden: “Trátase dunha imaxe impropia dunha instalación pública e indignante para a veciñanza”, unha situación de deterioro que “mesmo obrigou á suspensión de actividades habituais, como os bailes de fin de semana para as persoas maiores, afectando directamente á convivencia e ao benestar social”. UCIN tamén apunta que “a cafetería leva meses pechada pola demora na súa adxudicación, privando ao centro dun servizo esencial”.

O grupo esixe “unha actuación inmediata para reparar as deficiencias estruturais do edificio, eliminar definitivamente as filtracións e axilizar a reapertura da cafetería”. E conclúen: “A veciñanza de Escarabote merece un Centro Social en condicións dignas”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...