Rianxo avanza na unificación dos baixos das “Vivendas dos Mestres” para uso social

14 Febreiro 2026

O proxecto de unificación dos baixos dos bloques A e B das coñecidas “Vivendas dos Mestres” dá un paso adiante tras o acordo alcanzado en 2024 co grupo de Goberno municipal. A iniciativa, que nace do diálogo político e da insistencia do PSOE de Rianxo, contará cun investimento de 273.000 euros comprometido pola formación socialista.

O plan prevé a creación dun espazo de 200 metros cadrados, dividido en catro locais independentes duns 50 metros cadrados cada un. Estes estarán interconectados por unha pasarela acristalada que facilitará o tránsito pola zona posterior. Ademais, todos os locais disporán de baños adaptados, garantindo a accesibilidade universal e facendo posible o uso do espazo para reunións veciñais, actividades culturais, formativas e asociativas.

“Trátase dunha primeira peza dun modelo de xestión de espazos públicos pensado para as rianxeiras e os rianxeiros, centrado na accesibilidade, na seguridade e na funcionalidade”, destacou a Agrupación Socialista de Rianxo. A formación salientou tamén que este avance “é resultado do traballo constante da oposición, que contribúe a facer realidade unha actuación ao servizo da veciñanza”.

A execución do proxecto terá unha duración aproximada de dez meses. Está previsto que a licitación se resolva nos próximos días, o que permitirá iniciar as obras canto antes e converter este espazo nun novo punto de encontro social para Rianxo.

Plantillas Parlamento.pptx – 7

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.