Padrón reivindica os valores fundamentais sobre feminismo e ecoloxía que defendeu Rosalía

23 Febreiro 2026

“Rosalía de Castro foi unha visionaria, precursora de valores que hoxe consideramos fundamentais, como o feminismo ou o ecoloxismo, que todas e todos debemos coñecer e defender”, asegurou o alcalde Anxo Arca durante a homenaxe que o Concello de Padrón e a Fundación Rosalía organizaron este luns 23 de febreiro (Día de Rosalía) para conmemorar o 189 aniversario do nacemento da poeta. Tras depositar unha coroa de loureiro diante da estatua do paseo do Espolón, alumnado dos institutos padroneses Macías O Namorado e Camilo José Cela recitaron versos de Rosalía.

Anxo Arca asegurou que Rosalía de Castro “é patrimonio de todas e de todos, é o buque insignia da cultura galega, unha ponte de unión que une xeracións e xeracións”, que o alcalde considera hoxe máis fundamentais que nunca “fronte ás mensaxes de odio e a desinformación que están a orde do día”.

Diante do alumnado dos institutos padroneses Macías O Namorado e Camilo José Cela, que leron versos da poeta, o alcalde animou a mocidade a “ter unha visión ampla de todos eses aspectos fundamentais para a nosa sociedade que nos transmitiu Rosalía”. Anxo Arca rematou a súa intervención desexando que “cada día todas as galegas e galegos levemos na fronte unha estrela e no bico un cantar”.

O presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, resaltou que Rosalía está “máis viva ca nunca. Ela fálanos da igualdade do ser humano, da igualdade de homes e mulleres. Fala contra a exclusión e o clasismo, e a favor da inclusión. A favor dun proxecto de dignidade da nosa lingua e da nos cultura”.

“Mentres viva Galicia, Rosalía existe. E mentres exista Rosalía, Galicia vivirá”, concluíu Anxo Angueira.

Ao rematar, Anxo Arca e Anxo Angueira trasladáronse a Santiago para participar nos actos conmemorativos organizados na capital de Galicia.

Ao acto tamén asistiu o alcalde de Rois, Ramón Tojo, integrantes do goberno padronés e representantes da Corporación, da Fundación Rosalía de Castro e dos centros educativos padroneses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.