O PSdeG reclama que a Xunta actúe nos regos das poboacións de Padrón con maior risco de inundación 

20 Febreiro 2026

O Grupo Parlamentario Socialista reclama no Parlamento de Galicia que a Xunta de Galicia actúe nos regos dos Pasais e de Cambelas, en Padrón, e que tamén actúe sobre o curso do río Sar ao seu paso precisamente por estas poboacións. 

O alcalde socialista Anxo Arca explicou que as inundacións nestes regos son as que teñen máis afectación sobre vivendas e as que máis problemáticas xeran en Padrón: “Sabemos que aquí é onde se concentran a maioría das incidencias e polo tanto creo que é oportuno comezar por onde máis se necesita”. 

E engadiu: “Certo é que temos un convenio dende o Concello, que asinou o meu predecesor, no que se recollen catro actuacións nas zonas inundables, pero que consideramos que non son as máis urxentes e non entendemos por que se deixan fóra precisamente os regos de Cambelas e de Pasais”.

“Creo que naquel momento dende o Concello non se informou ben á Xunta de Galicia, non se informou ben a Augas de Galicia, pero hai oportunidade de rectificar e eu creo que nos últimos meses fomos vendo como esta problemática derivada das enchentes e a inmensa cantidade de precipitación que tivemos este ano”, apuntou.

O parlamentario socialista Aitor Bouza sinalou pola súa banda que “dende o Grupo Parlamentario Socialista levaremos ao Parlamento galego a voz do concello de Padrón”. “Esixiremos a través das nosas iniciativas parlamentarias que o señor Rueda se comprometa con todas as veciñas e veciños que realmente o que queren é que se executen de maneira inmediata as actuacións nos regos”, apuntou.

“Tamén que se proceda a unha limpeza en profundidade cunha actuación integral especificamente no tramo do río Sar entre Estramundi e Pazos”, co obxectivo de “aumentar a súa capacidade hidráulica e mellorar sobre todo a drenaxe das zonas inundables con maior impacto residencial”, conclúe o deputado. 

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.