O pleno de Boiro acorda medidas urxentes para a posta a punta do Centro Social de Escarabote

20 Febreiro 2026

O Concello de Boiro celebrou este xoves día 19 o pleno ordinario da Corporación local correspondente ao mes de febreiro. A sesión contou con 15 membros, ao rexistrarse a ausencia de unha concelleira do PSdeG e unha concelleira do BNG.

O pleno, que de costume pode verse íntegro na canle de Youtube do Concello de Boiro, saldouse con importantes acordos, como por exemplo a aprobación da proposta de financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) achegada polo equipo de Goberno, ou, tamén, a moción do BNG para a mellora urxente do Centro Social de Escarabote (aprobada por unanimidade), un inmóbel que conta con importantes eivas de mantemento e conservación que recruaron co tren de temporais das pasadas semanas e que se traducen en graves problemas estruturais como as filtracións de auga que impiden que a veciñanza poida facer uso do Centro Social.

Votacións da sesión plenaria:

1. Aprobación da acta da sesión ordinaria do 29 de xaneiro de 2026 – aprobación con 10 votos a favor (PSOE, BNG e Boiro Novo) e 5 abstencións (PP).

2. POS+ adicional para gastos sociais extraordinarios – aprobación con 9 votos a favor (PSdeG e Boiro Novo) e 6 abstencións (PP e BNG).

3. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación co financiamento de Axuda no Fogar – aprobación con 10 votos a favor (PSdeG, BNG e Boiro Novo) e 5 abstencións (PP). *este punto foi aprobado cunha emenda de Boiro Novo.

4. Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación coas modificación introducidas na Lei 5/2016, de 4 de maio, de patrimonio cultural de Galicia – aprobación por unanimidade (10 votos a favor). Antes da votación do punto 4º, o Partido Popular ausentouse do pleno. Antes do debate do punto 5º, unha concelleira do PSdeG ausentouse do pleno.

5. Moción do grupo municipal do BNG sobre o Centro Social de Escarabote – aprobación por unanimidade (9 votos a favor).

6. Moción do grupo municipal Boiro Novo/mixto para dotar de pavimento de parqué o pavillón de Praia Xardín – aprobación por unanimidade (9 votos a favor).

7. Bonificación ICIO explanación de parte dunha parcela no lugar de Bermo – aprobación por unanimidade (10 votos a favor).

Composición da corporación municipal de Boiro:

Grupo municipal do PSdeG-PSOE – 9 concelleiros/as

Grupo municipal do Partido Popular – 5 concelleiros/as

Grupo municipal do BNG – 2 concelleiros/as

Grupo municipal de Boiro Novo/mixto – 1 concelleiro

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.