No marco da súa liña de traballo dirixida a poñer en valor o patrimonio (que inclúe o acondicionamento periódico das fontes e lavadoiros tradicionais que hai nos núcleos do termo municipal), o Concello de Muros, a través da brigada de obras municipal, levou a cabo a posta a punto da fonte da Sanchiña, na parroquia de Tal.
Canalizouse a auga do regato e limpáronse os regos, os píos e a fonte”, explicou Laura Rivadeneira, concelleira de Obras de Muros.

“Son actuacións pequenas pero importantes, que dan ademais resposta ás demandas veciñais para manter en bo estado as parroquias e coidar das fontes e lavadoiros tradicionais, do noso patrimonio”, engadiu a alcaldesa, María Lago.




