Mar e o Concello de Ribeira manteñen unha xuntanza de traballo con vistas a mellorar os portos locais

02 Febreiro 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo este luns 2 de febreiro unha reunión coa alcaldesa de Ribeira, Mariola Sampedro, para analizar o estado das actuacións en marcha nos portos do municipio e abordar novas liñas de colaboración en materia de infraestruturas, formación e apoio ao sector do mar.

No encontro, no que tamén participaron o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, revisáronse as melloras e actuacións de mantemento previstas nos portos de Ribeira e Aguiño, co obxectivo de “garantir a seguridade das infraestruturas e a continuidade da actividade pesqueira e marisqueira”.

A xuntanza serviu tamén para avanzar en cuestións vinculadas á formación profesional do sector, entre elas, a organización de cursos para redeiras, unha demanda xa trasladada polo Concello e que será coordinada coa confraría para a súa posta en marcha. Neste ámbito, a Consellería do Mar puxo en valor o papel da formación como “ferramenta clave para a profesionalización e a remuda xeracional no sector pesqueiro”.

Por último, abordouse a colaboración institucional para a conservación e difusión do patrimonio marítimo local, como elemento de identidade cultural e dinamización social e turística de Ribeira.

Villaverde destacou “o investimento continuado que se vén realizando nos últimos anos no municipio, que supera os 67 millóns de euros, tanto en infraestruturas portuarias como en apoio á frota, á industria transformadora, á acuicultura e á protección dos recursos mariños”. Tamén reiterou o compromiso da Xunta de “seguir traballando de maneira coordinada co Concello para impulsar actuacións que melloren as infraestruturas portuarias, apoien ao sector do mar e contribúan ao desenvolvemento económico e social do municipio”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.