Mar e as confrarías sentan as bases do plan experimental de xestión do polbo para a vindeira campaña

20 Febreiro 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo este venres 20 de febreiro un encontro cos presidentes da Federación Galega de Confrarías de Pescadores e das federacións provinciais para abordar o deseño do plan experimental para a xestión do polbo (Octopus vulgaris) de cara á campaña 2026/27. A xuntanza insírese no marco do modelo de cogobernanza que preside a política pesqueira da Comunidade, baseado no diálogo permanente e na toma de decisións compartida entre a Administración autonómica e o propio sector.

Segundo indicou a Consellería do Mar, este primeiro encontro serviu para “sentar as bases do novo plan de xestión de cara á próxima campaña, abrindo un proceso de traballo conxunto que permitirá analizar os resultados das medidas adoptadas, avaliar a súa eficacia e avanzar na definición das condicións máis axeitadas para compatibilizar a conservación do polbo coa viabilidade económica da frota que depende deste recurso”. Amais, realizouse unha valoración da presente campaña xunto coas medidas adoptadas, considerando satisfactorio o seu resultado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.