Evacuada a comisaría da Policía Nacional de Santiago por un incendio

12 Febreiro 2026

A comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela, situada na avenida Rodrigo de Padrón, foi evacuada na mañá deste xoves debido a un incendio declarado nas súas instalacións.

TVG

Segundo informou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o lume iniciouse no lateral do edificio, “probablemente na galería de tiro” de adestramento, e provocou unha ampla columna de fume visible desde distintos puntos da cidade.

O propio Blanco, durante un acto celebrado na Coruña, confirmou que o incendio “está absolutamente controlado” e que non se rexistraron danos persoais. A alarma foi dada polos propios axentes arredor das dez da mañá.

Nos labores de extinción participaron trece bombeiros, segundo fontes do Concello. O edificio afectado é contiguo a un centro de educación secundaria e está situado preto da sede da Universidade de Santiago de Compostela, o que xerou certa preocupación entre a veciñanza.

A comisaría fora obxecto dunha importante reforma no ano 2010 por parte do Ministerio do Interior, cun investimento de 7 millóns de euros. As obras incluíron a mellora do interior e a remodelación da fachada, coa desmontaxe e recorte das pedras exteriores. Tras a rehabilitación, o inmoble foi reaberto a finais de 2011.

As autoridades continúan avaliando os danos materiais provocados polo incendio e investigan as causas exactas do suceso.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.