En Noia, o temporal “Nils” derruba parte da varanda do paseo marítimo

11 Febreiro 2026

O temporal Nils, que azouta a nosa comarca con ventos de máis de 80 quilómetros por hora, provocou desperfectos de consideración no paseo marítimo de Noia, segundo confirmou o Concello este mércores 11 pola tarde ao tempo que advertiu á veciñanza do risco de acudir á contorna do paseo.

En concreto, os refachos derrubaron parte das varandas de madeira do paseo, cuxos restos caeron á ría. “Pregamos á veciñanza precaución e, ante todo, que non se achegue á pasarela para evitar riscos e garantir a seguridade de todas as persoas”, solicitou o Concello, engadindo que unha patrulla da Policía Local e do GES de Noia procederon ao precintado da zona afectada.

O equipo de goberno municipal xa mantivo unha reunión con Portos de Galicia, entidade propietaria da infraestrutura, solicitando “o arranxo integral do espazo, e volveremos trasladarlle novamente esta situación incidindo na urxencia de actuar e no necesario arranxo desta infraestrutura tan deteriorada”.

Outros artigos

A ABE lanza a campaña Black Friday Local: Grazas por estar aí

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha hoxe luns, 23 de novembro, a campaña Black Friday Local – Grazas por estar aí, unha iniciativa coa que se quere aproveitar esta semana para "agradecer a confianza das persoas que apoian as empresas de Boiro" e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.