En marcha a Campaña de San Valentín dos empresarios de Ribeira, que sortea dúas ceas para dúas persoas

02 Febreiro 2026

A Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) informou do comezo da súa Campaña de San Valentín, que se vai desenvolver dende este luns 2 de febreiro ata o vindeiro sábado 14 co obxectivo de dinamizar a actividade do tecido comercial local e recompensar a fidelidade das e dos clientes no marco da romántica festividade do día 14.

O funcionamento da campaña será coma noutras ocasións: os clientes que fagan as súas compras nos establecementos locais participantes deberán escanear o código QR da cartelería ou entrar na páxina web da asociación e subir os tíckets de compra realizados entre esas datas.

Con cada tícket participarán no sorteo de dúas ceas para dúas persoas.

O sorteo realizarase o día 16 no local da asociación.

A campaña busca incentivar as compras de San Valentín no comercio local de Ribeira, premiando a quen elixe os establecementos de proximidade co sorteo de dúas ceas románticas para dúas persoas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.