Comeza a conta atrás en Boiro (no Pazo de Goiáns) para o XIX Encontro Arqueolóxico do Barbanza

23 Febreiro 2026

Esta fin de semana, o sábado 28 de febreiro e o domingo 1 de marzo, celebrarase en Boiro a XIX edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza. Será no Pazo de Goiáns, organizado polo Concello boirense e o Centro Arqueolóxico do Barbanza, en cuxa páxina web podemos consultar o programa completo das xornadas.

Será, en palabras do Goberno local “unha cita referente na materia a nivel peninsular e que este ano se volve a celebrar no Pazo de Goiáns”.

O Concello lembra que estas xornadas comezaron a celebrarse no ano 2007 e logo de dezanove edicións manteñen o mesmo obxectivo, que é o de “trasladar os resultados dos traballos arqueolóxicos realizados na comarca do Barbanza así como investigacións doutras partes de Galicia, do noso territorio nacional e tamén internacional“.

O programa deste ano conta con 11 relatorios nos que van participar preto dunha quincena de investigadores que expoñerán os seus traballos tanto a nivel nacional como internacional.

Ademais das propias xornadas, os días 7 e 8 de marzo desenvolveranse unhas visitas ao Mosteiro de

San Xoán de Poio e á Illa de Tambo, e tamén ao xacemento da Corte do Santo, na Pobra do Caramiñal.

Para asistir é precisa inscrición previa, que se poderá facer en modalidade libre ou en modalidade certificada para estudantes e docentes da USC. As inscricións para as xornadas e as visitas estarán abertas a partir de hoxe e poderanse facer na web do Centro Arqueolóxico do Barbanza ou mediante o enderezo electrónico ou teléfono do centro.

Programa de actividades

Sábado 28 de febreiro

09.00h – Acreditación e entrega de documentación

10.30h – Acto de apertura

11.00h – Martínez Mendizabal, Ignacio. Cuatro décadas de excavaciones e investigaciones en la Sima de los Huesos

12.15h – Descanso

12.45h – Salas Mendizabal, Antonio. Genes que cuentan historias: huellas africanas en la Galicia actual que datan de la Gallaecia antigua

17.00h – Ramos Soriano, Mario. Pistomarcos na Alta Idade Media: ds descomposición do estado romano á xénese do feudalismo

17.30h – Taboada Durán, MªElena e Vilariño Salgueiro, Nerea. Excavacións en Meira (Moaña): de torre a castelo

18.00h – García Casas, David. Arqueoloxía das paisaxes gandeiras na Serra do Suído: rabaños, chozos e comunidades rurais na época moderna (Fornelo de Montes, Pontevedra)

18.30h – Descanso

19.00h – Bal García, Hugo. Subsistencia e biodiversidade nas Serras Orientais de Galicia ao longo do Plistoceno superior

19.30h – Rabuñal Gall, José Ramón; Díaz-Rodríguez, Mikel e Lombao Vázquez, Diego. Novas investigación nos xacementos prehistóricos de Cova do Santo (Pardollán) e A Pena Xiboi (Parga)

20.00h – Verdonkschot, Jadranka. Reconstruyendo el paisaje megalítico de la Serra do Barbanza: resultados preliminares de recientes trabajos e campo

Domingo 1 de marzo

10.00h – Iriarte Chiapusso, María José. Las sociedades prehistóricas del norte peninsular ante un entorno cambiante

11.15h – García Suárez, Aroa. Tierras que cuentan historias: la vida cotidiana Çatalhöyük y otras comunidades neolíticas de Turquía vista al microscopio

12.30h – Descanso

12.45h – Garcês, Sara. Investigaçao e divulgaçao a Arte Rupestre do Compexo do Vale do Tejo e do Vale de Ocreza: Metodologías e Perspectivas

14.00h – Clausura da edición

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.