Barbanza amosa a súa repulsa ao crime machista deMos

04 Febreiro 2026

Numerosos veciños e veciñas da comarca acudiron á concentración convocada en Ribeira, diante do Concello, pola Coordinadora Local da Marcha Mundial das Mulleres da Barbanza. A mensaxe foi: “Barbanza di non á violencia de xénero”. Esa é a mensaxe que trasladaron este martes 3 de febreiro pola tarde os numerosos veciños e veciñas que se sumaron á concentración convocada pola Coordinadora. Dende a praza do Concello de Ribeira, os e as participantes quixeron amosar a súa repulsa ao asasinato machista cometido o pasado domingo en Mos, no que María Belén, de 52 anos, foi asasinada pola súa ex-parella.

Durante o acto, as convocantes leron un manifesto no que chamaron a erradicar a violencia machista, á que sinalaron como “a consecuencia directa dun sistema que atenta contra a vida das mulleres”. O texto xirou en torno á necesidade de rachar co silencio e cun relato social que sitúa este tipo de asasinatos como feitos inevitábeis ou traxedias, de vez de como “a expresión máis brutal dun modelo incompatíbel coa liberdade das mulleres”.

Do mesmo xeito, denunciaron a utilización de “discursos baleiros e declaracións de condena que non veñen acompañadas de cambios reais”. Para a Coordinadora, o asasinato de María Belén non é “un feito individual nin unha excepción, senón que se trata dun fracaso colectivo, social e institucional”.

Para poñer fin á violencia machista, argumentaron, “fan falta servizos que garantan que ningunha muller quede soa fronte á violencia”. Por iso, no seu manifesto instaron aos diferentes organismos públicos a levar adiante políticas feministas e transformadoras que “sitúen a vida das mulleres no centro e deixen de responsabilizar ás vítimas para poñer o foco nos agresores”.

Sinalaron que estas afirmacións vense respaldas polas cifras, pois cabe destacar que o crime machista de Mos engrosa unha xa longa listaxe de mulleres asasinadas: 1345 dende o 2003, ano no que se empezaron a contabilizar as vítimas mortais da violencia de xénero. No caso galego, esta cifra ascende a 79 mulleres dende o 2010, o que equivale a un asasinato machista cada dous meses.

​Trala lectura do manifesto, representantes da Coordinadora Local da Marcha Mundial das Mulleres da Barbanza procederon a anotar o nome de María Belén no monumento das Vidas Fendidas, que simboliza o final violento das vidas das ducias e ducias de mulleres que cada ano son vítimas da forma máis extrema de violencia de xénero. Finalmente, gardouse un minuto de silencio na súa memoria.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.