Avanzan as xestións para a ampliación do parque empresarial de Noia

04 Febreiro 2026

A xerente de Solo Empresarial do Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, xunto a parte do equipo técnico da entidade, e de representantes da empresa Estudo Técnico Galego, mantivo unha reunión co alcalde de Noia, Francisco Pérez Caamaño, para dar a coñecer as conclusións do estudo de viabilidade que avalía as condicións técnicas, económicas, urbanísticas e ambientais da posíbel ampliación do parque empresarial.

Con esta iniciativa, SEA e Concello buscan dar resposta ás necesidades do tecido empresarial da zona, que na actualidade conta coa superficie industrial totalmente esgotado. SEA confirmou que o estudo presentado lanza “resultados favorábeis para a ampliación do parque, a falta de que se terminen de perfilar os últimos aspectos técnicos do proxecto”.

Ao termo da reunión, Beatriz Sestayo sinalou que “levamos meses de traballo intenso e coordinado co Concello para poder presentar un proxecto sólido e ben fundamentado, no que se analizaron con detalle os distintos factores que poden influír no prezo”.

Pola súa banda, o alcalde de Noia manifestou a máxima colaboración do Concello para avanzar no proxecto.

A xerente de SEA recoñeceu que “somos moi optimistas con este proxecto e abordámolo coa prudencia propia de iniciativas desta envergadura, xa que se trata de procesos complexos e non sempre lineais, nos que é necesario ir avanzando paso a paso”. Con todo, incidiu no gran interese de SEA por esta zona, “porque cremos absolutamente no seu potencial económico”.

Sestayo lembrou que a finalidade da entidade que dirixe é promover o asentamento de novas empresas en Galicia, xerando emprego e crecemento económico, e subliñou que “esta zona necesita o noso apoio, xa que existe unha gran demanda por parte do empresariado”. Así mesmo, destacou “a importancia da colaboración cos concellos para sacar adiante este tipo de desenvolvementos”, valorando especialmente a implicación do Concello de Noia.

Pola súa banda, o rexedor noiés subliñou que “o de SEA foi case o primeiro teléfono ao que chamamos nada máis iniciar o mandato o pasado mes de agosto. Tiñamos clara a importancia de buscar a ampliación, e estamos implicados neste proxecto desde o primeiro momento. Trátase dun proceso esixente e de longo percorrido, que require traballo constante e unha planificación rigorosa, aínda que os seus resultados non sexan inmediatos, con todo, temos un firme compromiso co desenvolvemento de Noia, e este só é posíbel se ofrecemos ás nosas empresas o espazo necesario para medrar. Por iso, seguiremos avanzando con determinación. O principal é asegurar o futuro económico do municipio”.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.