As axudas LEADER 2026 centran este martes unha xornada na Fábrica de Sel de Muros

22 Febreiro 2026

A asociación de desenvolvemento local Deloa vai organizar este martes 24 unha xornada en Muros para explicar as axudas LEADER 2026, destinadas a entidades públicas de carácter local ou comarcal e a persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, incluíndo a entidades sen ánimo de lucro, comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades. A cita será este martes 24 de febreiro ás 19:00h na Fábrica de Sel. Intervirán Maria Lago, alcaldesa de Muros; Irene, técnica de Deloa; Alba Fernández, de A Maceta, Espazo de Coworking e Acción Cultural, e Charo, de Alojamientos Miraflores.

No transcurso da sesión expoñeranse exemplos de proxectos subvencionados no concello muradán e as distintas tipoloxías de proxectos que teñen cabida nestas axudas: creación de pequenas empresas, implantación dunha actividade agrícola, gandeira ou agroforestal, transformación e comercialización de produtos agrarios, investimentos de natureza produtiva ou proxectos de rehabilitación do patrimonio cultural entre outros.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.