Arrinca a Mesa Interinstitucional do Mar en Noia coa presenza do subdelegado do Goberno, Julio Abalde

12 Febreiro 2026

Este xoves 12 de febreiro celebrouse en Noia a primeira sesión da Mesa Interinstitucional do Mar, na que foi analizada polo miúdo a situación da ría e a produtividade marisqueira. O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, asistiu á constitución do grupo de traballo, celebrada no Edificio Casino do Concello e presidida polo alcalde, Francisco Pérez. A reunión contou coa participación de representantes municipais, da confraría e de diferentes axentes do sector.

Durante o encontro, os asistentes trasladaron a súa preocupación polo estado actual da ría de Noia e pola caída da produtividade marisqueira nas últimas campañas, así como pola elevada mortalidade do berberecho e da ameixa.

Tamén trataron outros factores que, segundo os participantes, estarían a influír na situación da ría, como os episodios de baixa salinidade asociados ás choivas intensas e aos desembalses, as deficiencias estruturais no saneamento e depuración, e a necesidade de reforzar a coordinación institucional.

No transcurso da sesión comentáronse igualmente cuestións vinculadas como a apertura de comportas do encoro do Tambre. Sobre este punto, e ao igual que no relativo á xestión do sector marisqueiro, lembrouse na reunión que “se trata de ámbitos de competencia exclusiva da Xunta de Galicia, administración á que corresponde adoptar as medidas necesarias, incluída a elaboración de estudos e protocolos que permitan analizar e protexer a actividade dos bancos marisqueiros”.

A Mesa Interinstitucional do Mar de Noia acordou, como primeiros pasos, trasladar á Xunta de Galicia unha serie de resolucións centradas na solicitude dun estudo completo sobre o estado real do berberecho e da ameixa, investimentos estruturais na rede de saneamento, a implantación dun protocolo de desembalse, e a adaptación de medidas sociais e administrativas á realidade do sector.

Abalde asistiu á reunión por invitación do Concello e dos axentes participantes, e compartiu a súa preocupación pola situación, comprometéndose a “manter unha reunión co Instituto Social da Mariña para facerlle chegar as demandas formuladas nesta mesa”.

Esta foi, ademais, a primeira visita de Julio Abalde ao Concello de Noia como subdelegado do Goberno na Coruña. Tras a reunión da Mesa Interinstitucional, mantivo un encontro co alcalde no que trataron diferentes asuntos de actualidade municipal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.