A Xanela do Maxín leva o seu espectáculo “Dende Rosalía” ao CEIP de Outes (este venres 27)

25 Febreiro 2026

A agrupación A Xanela do Maxín, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Outes e con motivo do Día de Rosalía, achegará o espectáculo Dende Rosalía a todo o alumnado do CEIP de Outes este venres, día 27 de febreiro.

A través dunha viaxe imaxinaria guiada pola simpática Pinti, o público emprende un percorrido emocionante pola historia literaria de Galicia da man das súas grandes creadoras.

A obra é unha celebración da lingua galega, da creatividade e da forza das mulleres que a mantiveron viva.

Trátase dun espectáculo dinámico e participativo, que remata en festa e lembra que cada nena e cada neno levan dentro un anaco de Rosalía… e de todas aquelas mulleres que soñaron un mundo máis libre.

Nunha combinación de teatro, poesía, música e pequenas sorpresas escénicas, hologramas e personaxes fantásticos conviven para mostrar que estas mulleres non só fixeron historia, senón que continúan inspirando ás xeracións máis novas.

Ficha técnica

Idades Dende os 3 anos

Duración 40-45 min.

Estrea 22/04/2025 – Oleiros

Elenco artístico Celtia Figueiras ou Xosé Breijo “Topo”

Dirección de escena Xosé Breijo “Topo”

Idioma Galego

Autoría Celtia Figueiras

Gravación e Montaxe vídeo Rafael Iglesias

Produción e distribución A Xanela do Maxín

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.