A venda de entradas para os espectáculos de Carlos Blanco e Mago Orbit abrirá o luns 2 de marzo

27 Febreiro 2026

A Concellería de Cultura do Concello de Ribeira informa de que a venda de entradas para os espectáculos de Carlos Blanco e Mago Orbit abrirá o vindeiro luns 2 de marzo ás 9.00 horas. As entradas poderán adquirirse de xeito presencial na OAC da Casa do Concello ou a través da plataforma ataquilla.com.

O xoves 8 de maio ás 20:30 horas o público poderá desfrutar do espectáculo A penúltima, de Carlos Blanco, producido por Condetrespés coa colaboración da Concellería de Cultura de Ribeira. Carlos Blanco é un dos humoristas máis recoñecidos da escena galega e nacional. En A penúltima presenta un monólogo cómico duns 70 minutos no que combina material novo e clásico, garantindo risas e unha conexión directa co público. O espectáculo está recomendado para maiores de 16 anos.

O prezo da entrada será de 14 € máis gastos de xestión.

Pola súa banda, o venres 9 de maio ás 21.00 horas será a quenda do espectáculo Acero 2.0, do Mago Orbit, producido por A Cantaruxa coa colaboración da Concellería de Cultura. Trátase dunha función de alto impacto que combina grandes ilusións, tecnoloxía avanzada de luces e son e unha posta en escena ao estilo “Las Vegas”, ofrecendo unha experiencia máxica única para espectadores de todas as idades. Está recomendado para todos os públicos, especialmente a partir dos 3 anos.

O prezo da entrada será de 28 € máis gastos de xestión.

Con estas propostas, Ribeira continúa reforzando a súa programación cultural con espectáculos de primeiro nivel, apostando por “unha oferta diversa que abrangue humor e maxia para públicos de diferentes idades”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.