A “Tómbola da Cate” enche de cor e solidariedade o adro da igrexa de Ribeira

22 Febreiro 2026

O adro da igrexa de Ribeira converteuse este domingo, baixo un sol radiante e ceo completamente azul, nun punto de encontro para veciños e familias que quixeron colaborar coas iniciativas da catequese parroquial.

Arredor de dúas mesas decoradas con globos de cores e caixas chamativas, os nenos e nenas da post-comuñón puxeron en marcha a súa particular “Tómbola da Cate, sempre toca”. Con papeletas numeradas e moita ilusión, recadaban fondos para financiar a súa viaxe a Portugal. Os premios consistían en sobres sorpresa preparados por eles mesmos, con manualidades, pequenas lambetadas e agasallos variados.

Mentres algúns rapaces xogaban ao fútbol nas inmediacións, pais e nais achegábanse para entregar moedas aos seus fillos e probar sorte nas caixas. Entre os premios podía tocar desde un chaveiro ata un dragón impreso en 3D en múltiples cores, acompañado dunha gominola.

Na mesa situada fronte á tómbola estaban os mozos e mozas da confirmación, que reunían participantes de distintas parroquias. Vendían orellas, porcións de tarta de queixo e biscoitos a un euro co obxectivo de sufragar a súa excursión anual a Roma. Se o pasado ano foron 14 os rapaces que realizaron a viaxe, este ano estímase que a cifra podería medrar ata os 50 participantes.

Unha mañá festiva e participativa que demostrou, unha vez máis, o compromiso das familias e da mocidade de Ribeira coas súas actividades parroquiais e co traballo en común para acadar novos proxectos.(Luís Pérez Crujeiras)

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.