A ribeirense Rosa Crujeiras e Maite Flores pasan á segunda volta nas eleccións a reitora da USC

12 Febreiro 2026

As eleccións da USC decidiranse nunha segunda volta electoral logo de que ningunha das candidatas obtivera a maioría suficiente para acceder á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela. As catedráticas Rosa Crujeiras (natural de Artes-Ribeira) e Maite Flores resultaron ser as candidatas máis votadas cun total de 985 e 536 votos ponderados, respectivamente. A terceira candidata máis votada foi María José López Couso con 503 votos ponderados e a cuarta, Alba Nogueira, con 380 votos ponderados.  

Rosa Crujeiras e Maite Flores

En concreto, Rosa Crujeiras acadou 459 votos ponderados por parte do Sector I (Persoal docente e investigador con vinculación permanente), 96 do Sector II (resto do PDI), 291 do Sector III (estudantado) e 139 do Sector IV (Persoal Técnico de Xestión de Administración e Servizos). Pola súa parte, Maite Flores acadou 270 votos ponderados do Sector I, 60 do Sector II, 161 do Sector III e 45 do Sector IV.

María José López Couso acadou 291 votos ponderados do Sector I, 63 do Sector II, 113 do Sector III e 36 do Sector IV, mentres que Alba Nogueira obtivo 205 votos ponderados do Sector I, 46 do Sector II, 108 do Sector III e 21 do Sector IV.  

A participación por sectores foi dun 95,94 % no Sector I, 71,04 % no Sector II, 30,83% no III e de 86,71% no IV.

Logo da votación, o reitor Antonio López trasladoulle os seus parabéns ás candidatas Crujeiras e Flores por pasar á segunda volta así como a López Couso e Nogueira “por contribuír entre todas ao debate institucional ao redor do futuro da nosa universidade”. “Temos ademais que congratularnos pola participación, con especial atención ao estudantado, que superou o 28% do seu censo”, manifestou. O reitor compostelán agradeceu ademais o traballo do persoal implicado nesta xornada, na que se demostrou a eficacia do voto electrónico como ferramenta incentivadora da participación.

Calendario

Na segunda volta, a campaña prolongaríase entre o 27 febreiro e o 9 de marzo, quedando reservado o día 10 para a xornada de reflexión e o 11 dese mes para as novas votacións. O día 12 de marzo tería lugar a proclamación provisional da reitora electa, mentres que os recursos poderán efectuarse entre o 13 e o 20 marzo. A proclamación definitiva da reitora electa será o 23 de marzo. Pode obterse máis información sobre os tres procesos no web de ‘Participación e procesos electorais’.  

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.