A ANPA Caramecheiro leva a alumnado do IES Nº1 de Ribeira á representación de “Le Masque de Molière” este xoves en Santiago

04 Febreiro 2026

Este xoves, día 5 de febreiro, a ANPA Caramecheiro, xunto co Departamento de Francés do IES Nº1 de Ribeira, organiza unha saída para o alumnado que estuda francés en 1º de Bacharelato para acudir ao Teatro Compostela e visualizar a obra Le Masque de Molière, uns dos autores máis prolíficos da historia da literatura europea e francesa.

Con esta actividade, subvencionada pola Deputación da Coruña, “pretendemos empregar o teatro coma forma de aprender francés, historia e literatura, pero tamén comportamento social, a un pequeno grupo con diferentes niveis socioeconómicos e cun alumno neurodiverxente”, sinalan dende a ANPA.

Antes da realización da función, a compañía encargada proverá ao alumnado participante material didáctico, co que se poderá preparar a saída e coñecer previamente os rasgos máis importantes do autor sobre o que vai versar a obra. Este traballo realizarase nas aulas do centro educativo.

Ao longo da peza, interpretaranse, combinando o castelán e o francés (30% e 70% respectivamente), varias das obras do autor, Dom Juan, Les Femmes savantes ou Tartuffe serán algúns dos títulos que se incluirán na representación.

Despois da realización da peza, o alumnado disporá de 10 minutos para estar cos actores e actrices que realizaron a función achegándolles as súas inquedanzas ou formulándolles dúbidas e suxestións.

Obxectivos da actividade

-Espertar interese pola cultura e aprender comportamento social. A ANPA explica que “na actualidade o alumnado en xeral amosa moi pouco interese pola cultura, pois a maneira que houbo ata o de agora de presentar a historia da literatura xa non provoca interese no alumnado”. E engaden: “É onde formas coma o teatro aparecen e, onde poden aprender non só aspectos culturais e literarios, mais tamén as formas sociais de comportarse no teatro, o seu funcionamento e relacionarse con outras persoas da súa idade”.

-A escoita activa en francés: a aula é un espazo moi reducido para a práctica das competencias orais da lingua. Son moitas as actividades que non se poden realizar na aula por ter que atender outros aspectos da lingua, coma os aspectos gramaticais e de léxicos que son fundamentais para a comunicación efectiva. É por iso que o feito que o alumnado poida escoitar durante 50 minutos conversacións en francés será algo moi positivo para a súa aprendizaxe.

-E conclúen: “Dende a ANPA e o departamento de francés consideramos que esta actividade pode repercutir de maneira moi positiva no alumnado participante tanto dende un punto pedagóxico, aprendendo, inmersos nunha actividade en lingua francesa, aspectos literarios e culturais novos; mais tamén dende un punto de vista persoal, o que lles permitirá crecer interiormente”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.