Wilbur traerá as súas acrobacias e humor ao Auditorio de Ribeira o vindeiro 17 de abril

16 Xaneiro 2026

Ribeira amplía a súa oferta cultural co espectáculo Piensa en Wilbur que chega ao novo Auditorio Municipal o vindeiro 17 de abril, ás 20.30 horas. Trátase dunha cita chea de acrobacias, humor e risco, nas que o artista Víctor Ortiz creará situacións imposíbeis que deixarán fascinado ao público. E aquí estará acompañado dos seus amigos Contractura, Tirón e Desgarro.

Víctor Ortiz, máis coñecido como Wilbur, é un ximnasta, actor e artista de circo que comezou a súa andaina con tan só cinco anos no mundo
da ximnasia artística para, co paso dos anos, especializarse en aparatos de chan, salto e barra ata perfeccionar a súa técnica ata chegar a competir ao lado de ximnastas de renome e chegar a coñecer o circo. De feito, formou parte do Cirque du Soleil como acróbata.

“Seguimos dinamizando a vida cultural do noso municipio cun novo espectáculo que chega a Ribeira, unha vez máis, coa produtora Aquelarre. Desta vez, temos un espectáculo unipersonal centrado nas acrobacias, pero onde non faltará o humor”, segundo apunta a concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

A venda das entradas comeza no luns, 19 de xaneiro, a partir das 09.00 horas. Como xa é habitual, farase paralelamente na páxina web www.ataquilla.com e de maneira presencial na Oficina de Atención Cidadá da casa consistorial. Para aquelas persoas que opten por adquirilas nas dependencias municipais, o horario será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas. O prezo sitúase nos 19 euros, máis gastos de xestión.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.