“Vivenda e especulación” – José Manuel Pena

29 Xaneiro 2026

A dereita política española fala que un problema importante é o do Dereito á Vivenda e en cambio sempre están en contra de que se adopten medidas urxentes para a suspensión dos desafiuzamentos e lanzamentos de vivendas para persoas vulnerables sen alternativa habitacional. Incluso catalogando e insultando a esas persoas e familias vulnerables como “okupas” . Ao parecer, actualmente, en España hai sobre algo máis de 60.000 familias afectadas, por un desaloxo inminente senón se poñen as medidas legais correspondentes.

Cando as competencias, en materia de vivenda, son das diferentes Comunidades Autónomas e a maioría delas dedícanse a insultar ás familias vulnerables, que non teñen os ingresos suficientes para poder abonar alugueiros, nada alcanzables, con rendas abusivas e especulativas e a tratarlles de “okupas” ou “inquiokupas”, é que en realidade non lles preocupa a problemática da vivenda e unicamente desexan que todo continúe igual, dando liberdade absoluta aos propietarios das vivendas, fondos de investimento, grupos inmobiliarios ou grandes propietarios (con máis de dez vivendas en propiedade) para que establezan os seus prezos de arrendamentos, sen ningún tipo de tope nin control, e que dispoñan das máximas garantías para a especulación e a usura en detrimento de a maioría de arrendatarios.

As diferentes Administracións Públicas teñen a obrigación de garantir, realmente, o Dereito á Vivenda e, en caso de desafiuzamento ou lanzamento da vivenda habitual dunha persoa ou familia vulnerable terá que garantirlles unha alternativa habitacional, pola contra están a incumprir coa legalidade vixente e o que é peor atentando contra os Dereitos Fundamentais, Internacionais e Humanos das persoas vulnerables, pobres ou con escasos recursos.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.