Unha fronte fría activa deixará choivas e vento forte este xoves en Galicia

07 Xaneiro 2026

Chega a borrasca Goretti cunha cicloxénese explosiva que deixará vento, ondas e choiva no norte

Este xoves 8, San Severino, Galicia verase afectada polo paso dunha fronte fría activa asociada á borrasca Goretti, situada ao suroeste de Irlanda. A xornada estará marcada por ceos parcialmente nubrado e precipitacións que avanzarán da costa o interior o longo do día. As choivas serán máis persistentes e intensas na franxa atlántica.

A cota de neve irá descendendo progresivamente ata situarse arredor dos 1.200 metros ao final da xornada. As temperaturas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado, mentres que o vento soprará forte do suroeste, con refachos moi fortes no terzo norte do país e nas zonas altas.

Atención xoves 08
Agárdanse refachos de vento superiores aos 80 km/h na metade norte de Galicia e en zonas elevadas, polo que se recomenda extremar as precaucións, especialmente nas áreas máis expostas.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do sudoeste á tarde e do oeste á noite, forza 4 a 5 á mañá e á noite e 5 a 7 á tarde. Forte marusía á mañá e á noite e media vaga á tarde. Visibilidade regular á mañá, mala á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

Elite e Consvial reformarán a escola infantil de Padrón

A mesa de contratación do Concello de Padrón adxudicou hoxe a construción da nova escola infantil á unión temporal de empresas formada pola firma padronesa Elite e a madrileña Consvial. A UTE comprométese a executar as obras nun prazo de seis meses e cun orzamento...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.