“Un país que non conta coa confianza do seus cidadáns achatarra a democracia” – Antón Luaces

27 Xaneiro 2026

Unha monarquía parlamentaria non é, evidentemente, unha república que elixe ao seu presidente. España, polo tanto, está lonxe de sentir os efectos de contar cun xefe do Goberno electo; pero aínda está máis lonxe de ser o que foi durante a ditadura do xeneral Franco, cuxa figura semellan ter moi presente organizacións de estrema dereita que, sen ter vivido directamente as consecuencias do franquismo, proclaman as “excelencias” deste coa compañía de cantos e saúdos fascistas. 

A España actual ten ao lombo a experiencia de gobernos de UCD, PSOE e PP e dous reinados: Juan Carlos I e Felipe VI. Somos moitos os que pasamos anos de “Arriba España!” sen posibilidade de máis; pero na actualidade somos máis os que, mediante voto emitido en urnas, eliximos ao partido político que, teóricamente, gobernará durante catro anos en todo o territorio nacional.

Máis para que tal goberno sexa posible, a democracia da que todos nos valemos e que perfilan cada catro anos os partidos políticos precisan da confianza da cidadanía que os vota.

 Os integrantes das Cortes Xerais que no franquismo eran designados (non elixidos) son candidatos presentados a elección por formacións políticas que integrarán o Congreso dos Deputados e o Senado, pezas fundamentais que deben aprobar -a proposta do goberno de turno- as leis que conformarán a vida dos integrantes da nación española. Velaí a importancia desa confianza que reclamo. Unha confianza pola que, coido, o cidadán mesmo pode chegar a perdoar erros erros cometidos polos políticos exercentes, o que non significa que se perdoen os enganos: a confianza non pode ser defraudada, e moitos dos que reclaman a volta ao franquismo nen viviron este nen poden recorrer ao vitimismo de se sentir enganados porque eles non viviron mellor con Franco. Posiblemente si seus pais ou avós puideran ser os causantes desa defraudación da que se senten vítimas.

A peor enfermidade da democracia é socavar a confianza da ente nas forzas políticas e nos líderes. Será este o motivo polo que os que demandan o retorno ao franquismo empregan recursos alleos a canto significa verdade?. 

Conservadores ou progresistas, sempre os houbo. Mentiráns, non. Porque ser conservador ou progresista é ser humano, o que non resulta admisible é a mentira. E na España actual a mentira vai moito por diante do conservadurismo ou o progresismo propiamente ditos.

A causa colectiva, limpa, por favor.  

Outros artigos

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

+

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.