UCIN denuncia inundacións no núcleo de San

14 Xaneiro 2026

UCIN Boiro emitiu un novo comunicado no que denuncia asolagamentos no núcleo de San, onde os veciños, sinala a agrupación, están a sufrir a entrada de auga n os seus domicilios cada vez que chove, “debido ao desbordamento das tubaxes de recollida de pluviais”.

Miguel Piqueras, coordinador de UCIN Boiro, acompañado de varios compañeiros, visitou a zona e falou directamente cos veciños.

“O que acontece na aldea de San non é un accidente”, sinalou, “é a consecuencia do deixamento e o abandono sistemático do rural. Mentres as familias loitan por salvar as súas casas da auga, o Goberno local dedícase a malgastar máis de 4.000.000 de euros nunha Casa da Cultura que ninguén pediu”, criticou Piqueras.

UCIN Boiro reclamou ao Concello que “convoque os veciños, actúe con urxencia para resolver as inundacións, presente un plan de obras
concreto, con prazos e orzamento definidos para a mellora da rede de pluviais, e aplique medidas provisionais que eviten novos danos mentres non se executan as solucións definitivas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.