Trece persoas participan no curso de carretilleiro do Programa Integrado de Emprego de Ribeira

17 Xaneiro 2026

Un total de 13 persoas están a participar estes días no curso de carretilleiro enmarcado na terceira edición do Programa Integrado de Emprego de Ribeira. A acción formativa ten unha duración total de 20 horas, repartidas en catro xornadas: os días 15, 17, 23 e 24 de xaneiro.

A parte teórica do curso impártese no Viveiro de Empresas, mentres que as sesións prácticas desenvólvense os sábados 17 e 24 nas instalacións dunha empresa da comarca, permitindo ás persoas participantes aplicar directamente os coñecementos adquiridos.

Durante as clases trabállase coas diferentes tipoloxías de carretillas elevadoras e o seu manexo, abordando nocións básicas co obxectivo de que o alumnado reúna os requisitos mínimos que demanda o mercado laboral. Trátase dun perfil profesional con alta demanda en sectores como o da alimentación ou a construción.

A concelleira de Promoción Económica e Emprego, Carmen Pérez, visitou o Viveiro de Empresas no primeiro día do curso para coñecer de primeira man o seu desenvolvemento e saudar ás persoas participantes. Segundo explicou a edil, “as accións incluídas no itinerario formativo do Programa Integrado de Emprego buscan capacitar a cidadanía de toda a comarca para distintos perfís profesionais, de aí a variedade dos cursos”. Ademais, sinalou que o obxectivo para o período 2025-2026 é acadar unha inserción laboral do 45%, “para o que a formación resulta indispensable”.

Un cento de persoas participantes no programa

O Programa Integrado de Emprego de Ribeira conta coa participación dun cento de persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego e residentes nos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Porto do Son.

Ao longo de doce meses, as persoas participantes reciben orientación, formación e intermediación laboral a través dunha metodoloxía que combina sesións expositivas con dinámicas de grupo, adaptándose ás necesidades individuais e empregando as novas tecnoloxías para favorecer a comunicación, a conciliación e o desenvolvemento de habilidades para a busca activa de emprego.

O Programa Integrado de Emprego 2025-2026 está promovido polo Concello de Ribeira e conta co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e do Servizo Público de Emprego Estatal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.