Sábado 3, nubes e claros con lixeira baixa da temperatura

02 Xaneiro 2026

Vento moderado do nordés en Rías Baixas e máis frío e inestable en Santiago

Galicia quedará durante as vindeiras horas do día 3, no que se celebra o Santísimo Nome de Xesús e tamén Santa Xenoveva,  baixo a influencia conxunta da borrasca Francis ao suroeste de Portugal e dun anticiclón ao noroeste de Irlanda, o que manterá un marcado fluxo de nordés sobre o país. Prevese un día con ceo parcialmente anubrando, algún orballo feble e vento cada vez máis intenso, especialmente no litoral norte, onde se agardan refachos fortes a partir da noite e durante o sábado 3.

Estado do ceo e chuvias

  • Ceo parcialmente nubrado, con nubes máis compactas nas primeiras horas do día.
  • Posibilidade de precipitacións febles e moi ocasionais, máis probables a primeira hora, remitindo despois co paso das horas.

Temperaturas

  • As temperaturas non experimentarán cambios moi significativos.
  • Agárdase unha lixeira tendencia á baixa, sobre todo nas máximas, deixando unha sensación térmica algo máis fresca.

Vento

  • Vento do nordés moderado durante boa parte da xornada.
  • Tendencia a aumentar a forte pola noite, especialmente no litoral norte e mar aberto, con forza 7 entre Fisterra e Bares segundo a predición marítima.

Aviso para o sábado 3

  • Recoméndase prestar especial atención ao vento forte do nordés no litoral norte e en zonas altas do interior.
  • Poderanse rexistrar refachos moi fortes, polo que é aconsellable extremar as precaucións en actividades ao aire libre e en contornas costeiras
meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés, forza 5 a 6 á mañá e á tarde e 6 a 7 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e media vaga á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do sudoeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...