Rouban a caixa rexistradora da gasolineira de Baño, en Muros

30 Xaneiro 2026

A gasolineira de Muros situada no núcleo de Baño foi obxecto dun roubo este xoves 29 de marzo, a primeira hora da mañá e xusto no intre en que a traballadora da estación se dispuña a abrir as portas do negocio descubrindo que o temporal deixara o mesmo sen luz. No momento en que tento comprobar o cadro de luces foi cando entraron os asaltantes (tres, un no coche agardando e os outros dous entrando no local) perpetrados cun bate de béisbol e coas caras cubertas, esixíndolle que lles entregara o diñeiro da caixa.

O roubo, que quedou rexistrado polas cámaras de gasolineira (onde se aprecia a violencia exercida sobre a traballadora), saldouse cos asaltantes fuxindo do lugar cos cartos que había nese intre na caixa rexistradora (ante a imposibilidade de acceder á caixa forte). Segundo confirmaron os propietarios da estación, a cantidade de diñeiro substraída roldo os 300 euros. Da investigación do roubo estase a encargar a Garda Civil, pero dende medios como a TVG fixeron saber que “o vehículo dos asaltantes fora roubado o domingo en Carballo”.

A gasolineira de Muros nunha imaxe da TVG

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.