Ribeira viviu unha máxica xornada coa visita dos Reis Magos ao municipio

06 Xaneiro 2026

A ilusión notábase en cada recuncho de Ribeira neste 5 de xaneiro coa visita dos Reis Magos ao municipio; unha estadía que se prolongou durante toda a xornada. As Súas Maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, percorreron durante toda a mañá e primeiras horas da tarde as parroquias a bordo dun autobús histórico dos anos 50. Así, a rapazada tivo ocasión de facer peticións de última hora e recibir o agarimo dos Reis Magos, caramelos e bolas con sorpresa. Ademais, houbo oito sorteos de agasallos, un por parroquia, entre o público congregado. Especial foi tamén a visita ao Hospital da Barbanza, onde saudaron aos nenos e nenas, pero tamén aos adultos, alí ingresados por estas datas para achegarlles a ledicia desta xornada e facerlles máis lixeira a súa estadía no complexo hospitalario.

Xa pola tarde, a alcaldesa, María Sampedro, e demais autoridades municipais deron formalmente a benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar na súa chegada ao centro da cidade polo mar en dornas da man da Real e Ilustre Cofradía da Dorna. Despois desprazáronse a pé ata a rúa de Canarias para iniciar a tradicional Cabalgata polo centro urbano; un percorrido inclusivo coa colaboración da Asociación Galega para o Acompañamento Persoal e Educativo (Ágape), durante a que se repartiron dúas toneladas de caramelos sen glute.

A comitiva estivo integrada por un total de seis carrozas (unha por cada Rei Mago, a Estrela de Belén, o Carteiro Real e unha de temática mariñeira) e o acompañamento de Gaitas Os Castros de Ames, Culturactiva Cisnes Boneca Lareta, Charanga Gárgolas, Banda de Música de Ferrol, Troula Animación e Charanga BB+. A maiores, unhas 200 persoas implicáronse no operativo para que a cabalgase se desenvolvese correctamente, entre elas, voluntarias de ICE Renovación. Unhas das novidades do itinerario deste ano foi a incorporación da zona das Avesadas.

Chegados á praza do Concello, renderon tributo ao Neno Xesús no Belén vivinte instalado pola Asociación Alfaia, pronunciaron o seu discurso e volveron recibir aos máis pequenos da casa antes de comezar pola noite o traxecto polos fogares para deixar os agasallos cos que espertar na mañá do Día de Reis.

Ademais, sorteáronse tres súper obsequios entre as rifas que repartiu o Carteiro Real nas parroquias e no Recuncho do Nadal durante estas datas, así como fixo Papá Noel e o Apalpador.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para o XToSín Trail 2026: o 22 de febreiro

Comezou a conta atrás para o XToSín Trail 2026, unha das grandes probas deportivas da tempada no concello de Porto do Son e no Barbanza. Coincidindo con esta conta atrás, a organización lembrou a apertura das inscricións: xa podemos anotarnos en calquera das...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.