Ribeira homenaxea a Neira Vilas no décimo aniversario do seu pasamento coa representación de “Memorias dun neno labrego”

21 Xaneiro 2026

O Centro Dramático Galego achega a Ribeira unha segunda función con motivo da homenaxe a Xosé Neira Vilas, autor de Memorias dun neno labrego, no décimo aniversario do seu pasamento. Este espectáculo do CDG en coprodución con Contraproducións, baixo a dirección de Cándido Pazó, chega ao novo Auditorio municipal no 6 de febreiro, ás 21.15 horas.

Xúlio Abonjo, Manuel Cortés, Iris Darriba, Mónica García, Federico Pérez Rey, Santi Romay e Ana Santos integran o elenco.

A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, estivo acompañada durante a presentación do director do Centro Dramático Galego, Francisco Núñez, e de Cándido Pazó, director da función. “Continuamos de contido o Auditorio municipal, converténdoo en epicentro de difusión cultural e referente comarcal. Volvemos ter en Ribeira ao Centro Dramático Galego cun espectáculo de gran envergadura que homenaxea a un dos grandes das letras galegas como é Xosé Neira Vilas. E quixera agradecer tamén o apoio da Xunta de Galicia por achegar aos ribeirenses, en particular, e ao público da contorna, en xeral, esta montaxe baixo a dirección do reputado dramaturgo Cándido Pazó e un elenco de renome”, manifestou a edil.

Pola súa parte, Francisco Núñez relatou que Ribeira é un dos nove concellos polos que xirará este “espectáculo histórico” que ofrece unha nova versión dun clásico da literatura galega. De feito, existe unha alta demanda de asistencia, estando xa esgotadas as localidades en Santiago de Compostela.

Finalmente, tamén se pronunciou Cándido Pazó, para quen “o teatro é a arte das artes” e, a través desta obra, “tómase a memoria colectiva a través da memoria persoal de Balbino, o protagonista.”A venda das entradas comeza no venres, 23 de xaneiro, a partir das 09.00 horas. Como xa é habitual, farase simultaneamente na páxina web www.ataquilla.com e de maneira presencial na Oficina de Atención Cidadá da casa consistorial. Para aquelas persoas que opten por adquirilas nas dependencias municipais, o horario será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas. O prezo sitúase nos 5 euros, con gastos de xestión incluídos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.